“A nosa negra” de Harriet E. Wilson

Ola familia!

Despois de tantos meses de ausencia, retomo o blog por fin! O certo é, que o traballo non me permitiu atender este espazo como quixera 😞

Hoxe quero reseñar na miña lingua porque non hai moito descubrín unha editorial que traduce clásicos marabillosos ao galego, coñecina grazas a María Reimóndez, autora que admiro profundamente e que foi a encargada de traducir este libro do que veño a falarvos 😊

Trátase da primeira obra escrita por un afroamericano, neste caso ademáis muller, que se publica nos Estados Unidos, falamos do ano 1859.

Harriet E. Wilson

Título: A nosa negra

Autor: Harriet E. Wilson

Editorial: Hugin e Munin

Páxinas: 124

OPINIÓN PERSOAL:

Estamos ante unha autobiografía novelada, polo que a través destas páxinas ides coñecer a vida da propia Harriet (de quen admito que eu non oíra falar na miña vida 😅)

A nosa protagonista é unha nena que nace libre, filla dunha muller blanca caída en desgraza e dun home negro.

Por unha serie de circunstancias, cando esta pequena ten soamente 6 aniños é abandoada por súa nai, que a deixa na casa dun terratenente. Alí é recollida polos Bellmont, pese a que non todos están dacordo con esa decisión que toma o cabeza de familia.

A pequena gaña un teito, pero a costa de quedar sometida a moitos dos horrores capaces de inxeniar a maldade humana, ou máis ben inhumana, que lamentablemente son moitos.

É unha historia durísima, e quizáis porque a nosa narradora é unha nena, faise especialmente duro ler moitas cousas, houbo momentos nos que precisei pechar o libro e tomar aire porque a miña cabeza non logra entender semellante falta de humanidade nalgunhas persoas, pois non olvidemos que aquí non falamos de persoaxes senón de persoas que existiron realmente.

E o peor é pensar que o racismo segue estando tan vixente na nosa sociedade actual. Non a este nivel, vale, pero si dun xeito tremendamente alarmante cando non debera existir nin gota!

Creo que é un libro magnífico, cunha tradución impecable (non esperaba menos de María 🥰) e moi interesante, porque nos lembra moitas cousas e fainos reflexionar sobre outras tantas.

Toca varios temas, como poden ser por exemplo; aquela forma tan pecualiar de seguir tendo escravos, que era a través da servidume voluntaria, na que se ofrecía traballo a cambio de cama, comida e acceso a unha educación básica. Dese xeito podían someter as persoas libres dunha forma noxenta, especialmente aos nenos orfos.

Fala tamén de relixión, da fe cristiá e de como se utilizaba esa fe como táboa salvavidas por absurdo que sexa a veces (ou sempre), pero supoño que a algo había que aferrarse para soportar tanta inmundicia, aínda que a nosa pequena protagonista sempre tivo moitas dúbidas sobre se ese deus e ese ceo aceptarían negros, aferrábase si, pero convicción coido que tiña a xustiña. E de feito, ela tiña outra táboa salvavidas, a lectura e a escritura, a educación en xeral. E veulle moi ben, pois xa vedes que rematou sendo escritora 🥰

Cóntanos unha historia, a súa, escrita dende unha perspectiva racial e de xénero que nos dá unha visión estremecedora das inxustizas tan grandes as que estaban suxeitos os negros fronte aos blancos, incluso no norte, onde tanto se supoñía que as cousas funcionaban doutro xeito.

E porsuposto, fala tamén da hipocrisía e da doble moral. Certo é que na familia Bellmont había membros que defendían a esta nena, pero ao mesmo tempo permitían que outros fixesen con ela auténticas barbaridades, e a súa forma de axudala era dicíndolle que tratase de portarse ben e que… rezara? 🤷🏻‍♀️

Para escartalos a todos!🙄

Resumindo, que é unha obra durísima pero magnífica, polo que non podedes deixar de ler esta xoia! 🤓

Harriet foi unha auténtica valente, que se atreveu naquela época tan complicada a escribir e a publicar sendo muller, e nada menos que unha obra de denuncia social a modo autobiográfico! Por fin se lle da un espazo a todas estas voces silenciadas durante anos, non podedes agora non lelas.

Lembremos; muller, século XIX e NEGRA! Publicando a súa denuncia social contra racismo e machismo nos EEUU en 1859! Non me digades que non é para facerse xa mesmo fan de póster! ✌️😁

Se ti aínda non coñeces a Harriet, non deixes de facelo mercando este libro 😉

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s